Trailer en A Peregrina
As accións de Street Marketing de Oportunidades Galicia estarán en Pontevedra desde hoxe ata o domingo
15/09/2017
IMG_20170803_130910[1]
Usuarios de COGAMI Lugo, veciños de Xermade e Mulleres Rurais de Cospeito, entre os próximos destinatarios de “Oportunidades Galicia”
18/09/2017

Responsables de Ecoembes e Sogama visitan en Pontevedra o tráiler expositivo de Oportunidades Galicia

04
  • O presidente de Sogama, Javier Domínguez, e a responsable de Ecoembes Galicia, Chelo Rivas, visitan o tráiler expositivo de Oportunidades Galicia no primeiro día de actividade en Pontevedra.
  • As actividades  atópanse situadas no tramo final da rúa Benito Corbal-Praza da Ferreiría (zona peonil Peregrina) e estará a disposición dos cidadáns durante toda a fin de semana, en horario ininterrumpido de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00, para informar, formar e asesorar á cidadanía nas boas prácticas vinculadas á reciclaxe.
  • O dispositivo, que acolle actividades educativas e ata un monólogo musicado a cargo de Celia Pía (19:00 h), compleméntase con diversas accións lúdicas tales como xogos, un inchable e un circuíto de triciclos, servindo igualmente para que os pontevedreses poidan consultar todas as súas dúbidas achega do sistema de recollida selectiva e ata dar traslado das súas observacións e comentarios.
  • Os que se acheguen a este punto informativo e lúdico, recibirán diverso material divulgativo e de merchandising para mellorar a súa achega á reciclaxe.
  • A campaña, liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, conta coa colaboración e o apoio de Ecoembes e Sogama, habendo atendido xa, a través da mesma, e de forma directa, a máis de 93.000 persoas.

Chelo Rivas, responsable de Ecoembes Galicia e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, visitaron esta mañá o tráiler expositivo da campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que se atopa a disposición dos cidadáns de Pontevedra no tramo final da rúa Benito Corbal-Praza da Ferreiría (zona peonil Peregrina), onde permanecerá todo a fin de semana, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Con este dispositivo, enmarcado na campaña promovida pola Conselllería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e na que tamén colabora Ecoembes e Sogama, preténdese informar, formar e asesorar aos pontevedreses nas boas prácticas ambientais vinculadas á xestión sostible dos residuos urbáns.

O tráiler, atendido en todo momento por educadores especializados, acolle diversas actividades educativas que permiten explicar aos visitantes que xestos e comportamentos deben adoptar cada día para consumir de formar responsable e reducir a produción de residuos, para aproveitar ao máximo os produtos e alongar a súa vida útil, e para separalos por tipoloxías, unha vez convertidos en residuos, e depositalos nos contenedores adecuados de cara a garantir o seu posterior reciclado: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para envases de cartón e papel (nunca cartón e papel sucios, plastificados e con restos de graxa); iglú verde, para envases de vidro (sen tapas nin cortizas); recipiente específico para pilas; e contenedor verde convencional, para a fracción resto, que Sogama transforma en enerxía eléctrica con todas as garantías medioambientales e de protección da saúde.

Aprendizaxe con entretemento e diversión

As explicacións dos monitores se complementan cun monólogo musicado a cargo de Celia Pía e con diversas accións lúdicas entre as que caberían destacar xogos tales como “Encesta os teus residuos” e “O xogo xigante da reciclaxe”, ademais dun inchable e un circuíto de triciclos.

O obxectivo é crear un escenario no que se combine a formación e a diversión e que sirva como punto de encontro para o intercambio de coñecementos e experiencias.

Pola súa banda, os que así o desexen poden participar en enquisas a través das cales teñen a oportunidade de poñer a proba os seus coñecementos na materia e trasladar as súas observacións e comentarios achega da problemática que representa a elevada xeración de residuos e a súa concepción sobre as medidas a aplicar para facer fronte á mesma.

Máis de 93.000 persoas atendidas

Tal e como deu a coñecer o máximo responsable de Sogama, desde que se puxo en marcha, en agosto de 2016, e ata o pasado mes de xullo, a campaña autonómica da reciclaxe atendeu de forma personalizada a máis de 93.000 persoas. A través do propio tráiler, un aula móbil e unha carpa informativa, despregáronse máis de 1.900 accións, que foron desenvolvidas en municipios, centros educativos, centros comerciais, asociacións, campamentos e eventos deportivos, entre outros escenarios.

Así mesmo, e co obxectivo de estimular a participación dos mozos e mozas na reciclaxe, convocáronse concursos destinados a alumnos de ensino secundario e bacherelato para seleccionar o mellor vídeo-proxecto sobre separación de residuos e reciclaxe, así como a estudantes de escolas de arte para que puidesen crear as súas obras con materiais de refugallo. En ambos casos tratábase de fomentar a imaxinación e a creatividade, pero tamén o interese por participar no sistema de recollida selectiva dada a oportunidade que supón para converter os residuos en recursos, conforme aos preceptos contemprados no modelo de desenvolvemento baseado na economía circular.
Ademais, tal e como recordou Domínguez, está en vigor un concurso destinado ao concello máis “Recicla-Activo” de Galicia e co que se pretende recoñecer o esforzo dos entes locais na xestión sostible dos residuos municipais, concurso cuxo prazo de presentación de proxectos remata este 30 de setembro.

 

02 06

01 07 08