Que depositar en cada contedor

Envases de plástico, metal e bricks; papel e cartón; botellas e envases de vidro… cada tipo de material ten o seu propio contedor. Aprende a saber que depositar en cada un deles.

CONTEDOR AMARELO

Que depositar:

  • Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, auga, leite,…)
  • Botes de plástico que contiveran produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, limpadores do fogar, …)
  • Botes de cosméticos
  • Tubos de dentífrico
  • Bandexas de aluminio, porexpán ou cortiza branca
  • Redes de envoltorios de froitas ou verduras
  • Plásticos film e envoltorios de aluminio
  • Bolsas de plástico dos comercios
  • Envases plásticos de manteiga, iogur, ou aperitivos
  • Envoltorios de plástico de magdalenas, galletas, etc.
  • Latas de conservas (tomate, atún, sardiñas…) e de bebidas e refrescos
  • Tapóns e tapas metálicas (de botellas, frascos…)
  • Briks de leite, batidos, viño, zumes,…

E en xeral, todos os envases de plástico, latas e briks que leven impreso o punto verde.

Non se deben depositar neste recipiente residuos de plástico que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos, enchufes,…), así como cueiros, restos de alimentos, papel, vidro, pilas, etc…

RECOMENDACIÓNS:

  • Os envases deben estar baleiros antes de depositalos no contedor amarelo.
  • Non se deben introducir uns dentro doutros.
  • Convén pregar os envases que o permitan para que ocupen o menor espazo posible.
  • Se a bolsa de lixo pesa máis do normal, revisa o seu contido. Os envases lixeiros ben clasificados non deberían pesar demasiado.
CONTEDOR AZUL

Que depositar:

  • Xornais e revistas
  • Cadernos sen anelas, grampas nin arames.
  • Papel de envolver ou embalar
  • Caixas de cartón (de galletas, cereais, zapatos…)
  • Envases de papel (de arroz, fariña, azucre…)
  • Cartóns de ovos
  • Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón)
  • Libros
  • Follas de apuntes

Non se deben depositar neste recipiente papeis tratados-encerados, plastificados, de calco, sucios ou con restos de graxa.

RECOMENDACIÓNS:

  • O papel e o cartón non deben conter elementos accesorios: aneis metálicos, grampas, arames, espirais,…
  • Cómpre dobrar e pregar as caixas e introducilas pola rañura do contedor. Se as deixamos ao lado do recipiente, móllanse e contamínanse, impedindo a súa posterior reciclaxe.
IGLÚ VERDE

Que depositar:

  • Botellas de vidro de calquera cor
  • Tarros de vidro
  • Frascos de conservas
  • Tarros de cosmética e perfumería

Non se depositarán neste recipiente tapas, tapóns e cortizas, así como vidros especiais (restos de cristalerías, parabrisas de coches, cristais de fiestras, espellos, etc…)
RECOMENDACIÓNS:

  • Antes de introducir un envase de vidro no iglú verde, é preciso optar por reutilizalo para outras aplicacións. As posibilidades son múltiples.
CONTEDOR XENÉRICO

Que depositar:

  • Restos orgánicos (no caso de non dispor de composteiro)
  • Cueiros, compresas
  • Papel e cartón con manchas de graxa
  • Panos de papel usados
  • Lámpadas incandescentes
  • Espellos
  • Louza rota
  • Cintas de vídeo e de son
  • Disquetes e CDs
  • Bolígrafos
  • Xoguetes de plástico

RECOMENDACIÓNS:

  • Aproveita ao máximo os alimentos e evita tiralos ao contedor do lixo.
    Poden elaborarse deliciosos menús a partir dos restos. Baixo o título “Para repañar o prato!”, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama editaron conxuntamente un receitario de cociña con sobras de comidas: http://www.sogama.es/gl/info/publicacions?page=1. Recoméndase igualmente visitar a páxina web www.aproveitatedoquechesobra.es.
  • Non introducir neste contedor os residuos susceptibles de ser reciclados
  • Utiliza o punto limpo para depositar os residuos especiais ou voluminosos, evitando así a saturación dos contedores e maximizando tamén as posibilidades de reutilización e reciclado.
MINICONTEDOR DE PILAS

Pódense atopar en centros escolares, concellos e establecementos comerciais.

RECOMENDACIÓNS:

  • Dá preferencia ao uso de pilas recargables xa que non conteñen metais como mercurio e cadmio.
COMPOSTEIRO

Se vives no rural ou dispós de horta, xardín ou terras de cultivo, pódeste valer da compostaxe doméstica para reciclar en orixe a materia orgánica, evitando que esta acabe no contedor xenérico.
Que depositar:

  • Restos de comida: froitas, verduras, cascas de ovo, arroces, pasta cocida, pan, etc…
  • Restos de podas e de colleita da horta.
  • Pousos de café e infusións, cinzas, serraduras de madeira non tratada, papel e cartón, fibras naturais, plumas, etc…

Para máis información:

www.compostaconsogama.gal

 

MATERIAIS RECOMENDABLES

  • Restos da cociña
  • Restos de pan, carne, mondas de patacas…
  • Restos de froita e verduras
  • Pousos de café, té, infusións
  • Flores e restos de plantas
  • Restos de podas, de árbores e arbustos triturados, cinzas, serrín
  • Restos da horta
  • Herba do xardín, en pequenas cantidades
  • Follas
  • Papel alimentario
  • Cascas de ovo
  • Algas
  • Palla e toxo
  • Maleza

MATERIAIS NON RECOMENDABLES

  • Excrementos de persoas ou animais
  • Restos inorgánicos, plásticos, vidro…
  • Restos de papel, cartón
  • Restos de aluminio
  • Materiais que aínda que sexan orgánicos teñan substancias contaminantes.
  • Tarxetas ou papeis de cores
  • Papeis brillantes ou impresos con tintas de cores
PUNTO LIMPO

Que depositar:

  • Residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes e lámpadas de baixo consumo, vernices, envases de pintura, tóner…)
  • Aceites vexetais usados
  • Residuos voluminosos (mobles, colchóns ….)
  • Madeiras
  • Restos metálicos do fogar
  • Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs): lavadoras, frigoríficos, televisores, computadores, secadores de pelo, móbiles, equipos de música, etc.
  • Residuos de pequenas obras en domicilios.

 

RECOMENDACIÓNS:

  • Deposita neste recinto só os residuos para os que estea deseñado.
  • Moitos municipios dispoñen de servizo de recollida domiciliaria. Contacta co teu Concello e pregunta.
  • Máis información sobre localización, horarios de apertura e residuos aceptados nos puntos limpos: http://sirga.xunta.gal/listaxe-de-puntos-limpos