IMG_0251
Máis de 87.000 persoas atendidas pola campaña galega da reciclaxe, “Oportunidades Galicia”
29/08/2017
Cartel carrera Corre pola reciclaxe web
A Carreira “Corre pola Reciclaxe”, cita ineludible para os afeccionados ao running e os defensores do medio ambiente
07/09/2017

Pazos de Borbén, Poio, A Estrada, Pontevedra e O Porriño, na axenda de “Oportunidades Galicia”

13
  • Utilizando como soporte un aula móbil, un tráiler ou unha carpa informativa, educadores ambientais instruirán a veciños, turistas e visitantes destes municipios pontevedreses na correcta xestión dos residuos urbanos.
  • As tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) constituirán o punto de partida e cimento das explicacións proporcionadas, posibilitando con iso que os cidadáns participen activamente no sistema e contribúan a avanzar cara a un modelo de desenvolvemento definido pola economía circular.
  • Liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, esta campaña, con cobertura a nivel autonómico, conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama.

A campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” continúa o seu itinerario pola comunidade e chegará en próximas datas a varias localidades da provincia de Pontevedra. É o caso de Pazos de Borbén, Poio, A Estrada, Pontevedra e O Porriño.

Planning

DATALOCALIDADEDISPOSITIVOEMPRAZAMENTOHORARIO
Día 3Pazos de BorbénCarpa informativaMoscosoDe 15:30 a 19:00
Día 4PoioAula móvilCombarroDe 15:00 a 19:00
Día 6A EstradaAula móvilZona de feria (Alameda municipal)De 10:30 a 14:00
Día 15PontevedraStreet Marketing-TráilerTramo final Benito Corbal-Praza da Ferreiría (tramo peatonal Peregrina)De 11:00 a 21:00
Día 16PontevedraStreet Marketing-TráilerTramo final Benito Corbal-Praza da Ferreiría (tramo peatonal Peregrina)De 11:00 a 21:00
Día 17PontevedraStreet Marketing-TráilerTramo final Benito Corbal-Praza da Ferreiría (tramo peatonal Peregrina)De 11:00 a 21:00
Día 22O PorriñoAula móvilPendientePendiente

 

Axudados por soportes divulgativos (carpa informativa, aula móbil ou tráiler), os educadores ambientais ao servizo desta iniciativa intentarán captar a atención de veciños, turistas e visitantes para explicarlles as vantaxes ambientais, económicas e sociais que supón cooperar de forma decidida na xestión sostible dos residuos municipais.

Desta forma, e tras analizar conxuntamente a problemática que trae consigo a elevada produción de lixo, os cidadáns recibirán instrucións sobre como minimizar os negativos efectos deste fenómeno e como colaborar no sistema a través da estratexia das tres erres: consumindo de forma responsable e reducindo a xeración de residuos; impulsando a reutilización dos produtos ata esgotar a súa vida útil; e segregando os residuos por tipoloxías a fin de depositar cada fracción no contedor correspondente como xesto indispensable co que garantir o seu posterior reciclado.
Cara á Economía Circular

Neste sentido, e tendo en conta a confusión existente en torno ao contenedor de destino de determinados materiais, os monitores deteranse en explicar e clarificar os residuos que deben e non deben ser depositados en cada recipiente, insistindo sobre todo no contenedor amarelo, sobre o que existe unha maior confusión e que únicamente debe albergar latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios).

Pola súa banda, tamén recordarán que o azul acolle os envases de cartón e papel, que o iglú verde fai provisión dos envases de vidro, que hai un recipiente específico para pilas e que o verde convencional se reserva únicamente para a fracción resto.

Todos os que se acheguen aos puntos informativos e formativos serán obsequiados con diverso material divulgativo e de merchandising e, si así o desexan, poderán participar en enquisas de coñecementos e satisfacción para evaluar a bagaxe da que dispoñen en relación á correcta xestión e tratamento dos residuos e a opinión que lles merece o modelo imperante na nosa comunidade.

Impulsada e liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a campaña Oportunidades, que conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama, ten como fin último incrementar as taxas de reciclado en Galicia, contribuíndo desta forma a asentar as bases que permitan á nosa comunidade avanzar cara á economía circular e posibilitar desta forma que os residuos convértanse en recursos.