IMG-20170609-WA0029
A campaña educativa da reciclaxe regresa a unha decena de concellos ourensáns durante o mes de agosto
02/08/2017
IMG-20170723-WA0037
Os usuarios das praias de Almieiras, en Fene, e Doniños, en Ferrol, recibirán clases de reciclaxe
28/08/2017

Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán este mes a visita da campaña “Oportunidades Galicia”

IMG-20170707-WA0036

•Educadores medioambientais desprazaranse por algúns dos areais da provincia a fin de captar a atención dos usuarios e recordarlles a necesidade de contribuír, tamén en vacacións, a unha xestión sostible dos residuos urbanos.

•O principal obxectivo da campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, é incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia e que a poboación se beneficie das súas vantaxes ambientais, económicas e sociais.

•A campaña tamén estará presente noutros concellos da provincia cunha carpa informativa para instruír, asesorar e concienciar a veciños, visitantes e turistas na materia.

Cerceda, a 2 de agosto de 2017.- Os areais galegos, dada a gran afluencia de usuarios durante o mes de agosto, constitúen un dos principais focos de atención para a campaña Oportunidades Galicia, que dirixe a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e na que colabora Ecoembes e Sogama.

Educadores medioambientais, co seu centro operativo nun aula móbil, moveranse en próximas datas por diversas praias da provincia de Pontevedra intentando captar a atención dos bañistas para recordarlles que a xestión sostible dos residuos urbanos tamén debe estar presente en vacacións e durante o tempo de lecer.

As explicacións sobre a necesidade de aplicar cada día a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) sucederanse de forma permanente. Producir menos residuos, consumir de forma responsable, evitar o desperdicio alimentario, reutilizar os produtos o maior número de veces posible e separalos por tipoloxías para que poidan ser reciclados, constitúen algunhas das cuestións que conformarán o manual de instrucións dunha iniciativa itinerante que naceu e evolucionou cun único obxectivo: incrementar as taxas de reciclado en Galicia e lograr que a poboación se beneficie das súas vantaxes ambientais, económicas e sociais. Porque reciclando afórrase enerxía e materias primas, pero tamén se incentiva a economía, créase emprego e se alcanzan maiores cotas de benestar e calidade de vida para a poboación.

Separar correctamente os refugallos e depositalos nos contedores correspondentes, constitúe aínda unha asignatura pendente, sobre todo no caso do amarelo. Neste sentido, os monitores concretarán de forma permanente o que debe e non debe ser depositado en cada recipiente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; e contedor convencional, para a fracción resto; sen esquecer os recipientes específicos para pilas e os puntos limpos municipais, destinados a acoller residuos de carácter especial tales como voluminosos, aparellos eléctricos e electrónicos, pinturas, fluorescentes, aceites, etc.

A campaña tamén estará presente noutros concellos cunha carpa informativa para instruír, asesorar e concienciar a veciños, visitantes e turistas na materia.

Planning agosto provincia de Pontevedra

 

FECHALOCALIDADDISPOSITIVOEMPLAZAMIENTOHORARIO
Día 5O Grove (playas)Aula móvilA LanzadaDe 15:00 a 19:00
Día 7Fornelos de MontesCarpa informativaPlaza de la IglesiaDe 10:30 a 14:00
Día 10Marín (playas)Aula móvilPlaya PortoceloDe 15:00 a 19:00
Día 11Baiona (playas)Aula móvilA Ribeira (paraque de Palma)De 15:00 a 19:00
Día 12Vilaboa (playas)Aula móvilPlaya DeilánDe 15:00 a 19:00
Día 17Silleda (Rock Festival)Aula móvilCalle GeneralDe 16:00 a 20:00
Día 18Soutomaior (playas)Aula móvilPlaya do Peirao-ArcadeDe 15:00 a 19:00
Día 19Cotobade (Festa do neno)Carpa informativaLugar Achan-CarballedoDe 16:30 a 20:00
Día 22Bueu (playas)Aula móvilPlaya de PortomaiorDe 15:00 a 19:00
Día 23Moaña (playas)Aula móvilPlaya A XunqueiraDe 15:00 a 19:00
Día 27Oia (playas)Aula móvilPlaza del MonasterioDe 15:00 a 19:00
Día 30MeañoCampamento de veranoPlaza del AyuntamientoDe 10:00 a 12:00