20160819_124217_resized
Os bañistas das praias de Ferrol serán formados na reciclaxe a través da Campaña Oportunidades Galicia
30/06/2017
14212723_10153603378901503_6413274384414692731_n
A reciclaxe toma forma nos campamentos de verán de San Cibrao das Viñas, Avión, Pereiro de Aguiar e Castro Caldelas
03/07/2017

Oportunidades Galicia regresa ás rúas de Salvaterra do Miño

20170411_111609

 

  • A aula móbil ubicarase o este luns, 3 de xullo, na praza do concello, onde estará a disposición de veciños e visitantes entre as 12:00 e as 15:00 horas.
  • Os educadores ao servizo desta iniciativa tamén se trasladarán ao campamento de verán organizado polo propio concello, e que se levará a cabo no Parque de A Canuda (de 10:00 a 13:00 horas) a fin de reforzar as mensaxes vinculadas á práctica dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
  • Todos os que participen nesta iniciativa recibirán diverso material divulgativo e de merchandising, de gran utilidade para contribuír cada día a unha xestión máis sostible dos residuos urbanos.
  • A iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama.

 

A campaña autonómica da reciclaxe regresa ás rúas do municipio pontevedrés de Salvaterra do Miño e farao a través da aula móbil, que se ubicará no Praza do Concello, entre as 12:00 e as 15:00 horas.

O dispositivo informativo, formativo e divulgativo estará atendido en todo momento por educadores ambientais, que intentarán atraer e captar a atención dos viandantes para trasladarlles bos consellos na xestión sostible dos residuos urbanos e proporcionarlles as pautas para que a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) se instale na súa vida cotiá.

Así, darán boa conta das fórmulas coas que reducir a produción de refugallos, pero tamén coas que optimizar o máximo aproveitamento dos produtos e proceder á correcta separación dos mesmos unha vez esgotada a súa vida útil.

Neste sentido, mostrarán e exemplificarán os materiais que deben e non deben ser depositados en cada un dos contedores de recollida selectiva: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; contedor verde convencional, para a fracción resto; e puntos limpos, recintos pechados que xa se atopan a disposición dos cidadáns en moitos municipios e nos que se recollen aqueles materiais de características especiais que, dada a súa composición, non poden ser introducidos nos contedores habilitados nas vías públicas. É o caso de voluminosos, aparellos eléctricos e electrónicos, aceites, fluorescentes, etc. Desta forma garántese o seu correcto tratamento a través de xestores autorizados.

 

Campamento de verán

 

Os monitores tamén estarán presentes no campamento de verán que promove o concello no Parque de A Canuda (entre as 10:00 e as 13:00 horas) co fin de reforzar as mensaxes en torno aos xestos ou hábitos a despregar para contribuír, desde o fogar, o traballo, a escola ou o tempo de lecer, a xestionar os residuos de forma sostible e convertelos en recursos.

Todos os que participen nas actividades despregadas por esta iniciativa, recibirán diverso material divulgativo e de merchandising, que será de gran utilidade no día a dia de cara a despexar dúbidas e contribuír ao sistema da forma máis eficiente posible.

“Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, é unha campaña promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na que colabora Ecoembes e Sogama. A súa prioridade é formar á poboación galega para incrementar as taxas de reciclado en Galicia e avanzar cara o modelo de desenvolvemento definido pola economía circular.