Ecoembes gráfica arte promo
A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, gañadora do concurso artístico Obra de Arte con Materiais de Refugallo
08/06/2017
IMG_20170615_112113572
A Consellería de Medio Ambiente atopa na arte un instrumento para a transmisión de boas prácticas ambientais como a reciclaxe e o consumo responsable
15/06/2017

Oportunidades Galicia premia ao Concello máis reciclador

Captura de pantalla 2017-03-23 a las 19.42.07
  • No marco da campaña autonómica da reciclaxe, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, convócase o concurso “Convértete no Concello Máis Recicla-Activo”, a fin de valorar aquelas accións municipais encamiñadas cara unha xestión máis sostible dos residuos urbanos.

 

  • As memorias a achegar polos entes interesados deberán recoller as actuacións desenvolvidas entre o 10 de agosto de 2016 e o 30 de setembro de 2017, data esta última na que concluirá o prazo para a presentación das candidaturas.

 

  • O xurado, conformado por representantes da Consellería de Medio Ambiente, Ecoembes e Sogama, analizará, entre outros criterios, a situación e evolución da calidade da recollida selectiva municipal, prestando especial atención á porcentaxe de impropios presentes no contedor amarelo.

 

  • O concello gañador será gratificado con equipamento medioambiental consistente en papeleiras triple Eco ou similar, valorado en 2.500 euros.

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración con Ecoembes e Sogama, convocan, no marco da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, o concurso “Convértete no Concello Máis Recicla-Activo”, a fin de premiar e recoñecer a aquel ente local que destaque polo seu compromiso coa xestión sostible dos residuos urbanos en xeral e coa reciclaxe en particular.

 A convocatoria oriéntase a todas as entidades locais e supra-municipais galegas que participen dalgunha forma na campaña que nos ocupa e que teñan acollido algunha das actividades ofertadas, ben a través da aula-móbil, a carpa informativa, ou o tráiler da reciclaxe.

 Neste contexto, valorarase o desenvolvemento daquelas accións que fomenten a correcta separación de residuos cara a propiciar o seu posterior reciclado, prestando especial atención á segregación dos envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) e envases de papel e cartón. No entanto, tamén se tomarán en consideración o resto de actuacións acometidas polos concellos que redunden nunha mellor xestión dos residuos.

 

Avaliación e premio

Os concellos interesados en presentar a súa candidatura deben achegar unha memoria descritiva, de non máis de 10 páxinas e asinada polo representante legal, na que se describan as accións máis destacables e desenvolvidas no seu termo municipal entre o 10 de agosto de 2016 e o 30 de setembro de 2017, data esta última na que tamén conclúe o prazo para a recepción da documentación.

 O xurado, conformado por representantes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como de Ecoembes e Sogama, valorará as memorias presentadas en base a unha serie de criterios tales como a calidade das actuacións medioambientais desenvolvidas, nivel de implicación do concello, adecuación do traballo realizado ao obxecto do concurso, e situación e evolución da calidade da recollida selectiva durante o período obxecto de avaliación, e que, en todo caso, terá en conta a porcentaxe de impropios diagnosticados no contedor amarelo. Esta información será facilitada por Ecoembes en base ás caracterizacións correspondentes aos últimos tres cuadrimestres.

 O fallo darase a coñecer o próximo 31 de outubro a través da web da campaña e redes sociais.

O ente gañador será gratificado con equipamento medioambiental consistente en papeleiras triple Eco ou similar, valorado en 2.500 euros.

 As bases da convocatoria, e toda a información referente á mesma, atópanse aloxadas en http://oportunidadesparareciclar.gal/concurso-municipal/