IMG_0238
As accións de Street Marketing da Campaña Oportunidades Galicia chegan mañá a cidade de Ourense
02/05/2017
06
As accións de Street Marketing da Campaña Oportunidades Galicia chegan este venres 12 de maio a Lugo
11/05/2017

Oportunidades Galicia estará presente no XXII Día da Ciencia na rúa, que se celebra mañá en A Coruña

IMG_20161005_112921

A campaña itinerante de concienciación e educación ambiental, “Oportunidades Galicia – Separemos ben. Reciclaremos mellor” que promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración con Ecoembes e Sogama, estará presente o mañá 6 de maio no Parque de Santa Margarita da cidade de A Coruña con motivo da celebración do XXII Día da Ciencia na Rúa.

Este evento, que este ano acolle a súa vixésimo segunda edición, e no que participan estudantes de centros escolares de toda Galicia, contará por vez primeira coa presenza dun punto informativo centrado na correcta separación dos residuos que habitualmente se xeran no ámbito doméstico.

Así, a campaña, que desde o pasado mes de agosto está a percorrer o territorio galego facilitando información á cidadanía para mellorar os resultados da recollida selectiva e as taxas de reciclado na nosa Comunidade, fará parada este día na zona que rodea a entrada da Casa das Ciencias.

A partir das 11:00, e ata as 19:oo horas, habilitarase un stand informativo desde o cal os monitores ambientais poderán explicar de forma directa aos interesados como mellorar a súa achega á xestión sostible dos residuos domésticos, tendo en conta que en Galicia coexisten dous modelos diferentes de separación, e tamén aqueles hábitos que deben seguir cada día para contribuír a un consumo responsable que teña un menor impacto no noso medio.

Así mesmo, os asistentes terán a ocasión de consultar todas as súas dúbidas, así como intercambiar experiencias e opinións acerca do actual sistema de xestión de residuos, ademais de recibir material divulgativo e promocional da campaña (tales como contos para colorear, libros de pasatempos e bolsas multiusos).