Captura de pantalla 2017-07-04 a las 11.47.42
Oportunidades Galicia está hoxe presente no Campus de Verán Xuvenciencia que promove a USC no Campus de Lugo
04/07/2017
Playa Coroso
Os usuarios da praia de Coroso, en Ribeira, serán asesorados nas boas prácticas da reciclaxe
07/07/2017

Oportunidades Galicia percorre varias localidades coruñesas para fomentar a reciclaxe entre a poboación

20160819_124217_resized

 

  • Viaxará próximamente aos concellos de Touro, Frades, Mesía, Outes, Santiso, Miño, Cabanas e Oza-Cesuras.
  • Desde unha carpa informativa o aula móbil e, a través da participación en campamentos de verán, educadores especializados trasladarán aos veciños as claves para contribuír a unha xestión máis sostible dos residuos domiciliarios.
  • O obxectivo último desta iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, é incrementar os índices de reciclado na nosa comunidade e que a poboación sexa destinataria dos seus beneficios.

 

A campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que dirixe a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contando coa colaboración de Ecoembes e Sogama, viaxa a varias localidades coruñesas para fomentar a reciclaxe entre a poboación e explicar os seus beneficios medioambientais, económicos e sociais.

En próximas datas, e a través de soportes como unha carpa informativa, un aula móbil ou ben participando en campamentos de verán, educadores ao servizo desta iniciativa deteranse en explicar aos veciños e visitantes das localidades de Touro, Frades, Mesía, Outes, Santiso, Miño, Cabanas e Oza-Cesuras as vantaxes que ten levar a cabo unha xestión sostible dos residuos domiciliarios e claves para reducir a súa produción, alongar a vida útil dos produtos e promover a recuperación dos mesmos, unha vez convertidos en residuos.

 

Un lugar para cada cousa

 

Para isto, os monitores deteranse en concretar os materiais que deben e non deben ser depositados en cada un dos contedores de recollida selectiva: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para envases de cartón e papel (nunca papeis e cartóns sucios e con restos de graxa, debendo estar libres de grapas, anelas e arames); iglú verde, para botellas, frascos e tarros de vidro (sen tapas, tapóns e cortizas, evitando os vidros especiais tales como restos de cristalerías, espellos e parabrisas de coches, entre outros); recipiente específico para pilas; contedor verde convencional, para a fracción resto, que Sogama transforma, con todas as garantías medioambientais e de

protección da saúde, en enerxía eléctrica; e puntos limpos, recintos pechados ubicados en moitos concellos aos que os cidadáns deben trasladar aqueles residuos de características especiais tales como voluminosos, aparellos eléctricos e electrónicos, fluorescentes e aceites, entre outros, e para os que non hai contedores nas vías públicas, a fin de que reciban a xestión e o tratamento apropiado.

 

Planning

 

DATALOCALIDADEACTUACIÓNEMPRAZAMENTOHORARIO
Día 5TouroCarpa informativaXunto ao concelloDe 10:00 a 13:30
Día 8FradesCarpa informativaPiscina municipal (Papucín)De 16:00 a 18:30
Día 11MesíaCampamento de veránContorna da piscina municipalDe 11:00 a 13:00
Día 11MesíaCarpa informativaContorna da piscina municipalDe 15:00 a 17:00
Día 17OutesCampamento de veránPendente de concretarPendente de concretar
Día 18SantisoCampamento de veránPolideportivo VisantoñaDe 10:30 a 13:30
Día 19MiñoCampamento de veránCPI Castro Baxoi (C/Marismas, 25)De 10:00 a 12:00
Día 28CabanasAula móbilPendente de concretarPendente de concretar
Día 28Oza-CesurasCampamento de veránPolideportivo municipalDe 09:15 a 13:45

 

En todos os casos, os participantes nas distintas actividades terán ocasión de compartir os seus comentarios, dar traslado das súas observacións e consultar todas as dúbidas xurdidas en torno á recollida selectiva implantada en Galicia.

A prioridade é que, axudados por educadores, conten coa información e formación necesaria para participar con garantías no sistema e contribuír a incrementar os índices de reciclado na nosa comunidade.