A campaña “Oportunidades Galicia” reforza os labores de educación ambiental no Centro Residencial Docente de Ourense
25/10/2017

O Concello de Redondela, gañador do concurso Convértete no Concello Máis Recicla-Activo

O concello de Redondela (Pontevedra) proclamouse gañador do concurso “Convértete no Concello Máis Recicla-Activo”, tras acreditar o xurado do certame o firme compromiso deste ente local coa reciclaxe, evidenciado a través da implantación e desenvolvemento do seu Plan de Reciclaxe e Compostaxe Redondela (2016-2020), que nutriu con numerosas accións encamiñadas a incrementar as taxas de reciclaxe municipal e, xa que logo, o benestar e a calidade de vida da veciñanza.

O concello de Redondela será galardoado cun equipamento municipal consistente en papeleiras triple ECO ou similar, valorado en 2.500 euros.
Desde aquí, os nosos máis sinceros parabéns a este municipio pontevedrés e, por suposto, ao resto dos concellos que concurriron a esta convocatoria e que demostraron a través das súas candidaturas, o gran esforzo invertido na necesaria transición que entre todos debemos facer desde unha economía lineal, caracterizada polas malas prácticas de usar e tirar, a unha circular na que os residuos sexan transformados en recursos.