A reciclaxe prosegue o seu percorrido na provincia de Lugo
01/08/2017
Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán este mes a visita da campaña “Oportunidades Galicia”
04/08/2017

A campaña educativa da reciclaxe regresa a unha decena de concellos ourensáns durante o mes de agosto

  • Eventos estivais de interese tales como feiras, mercados e festas gastronómicas, entre outros, erixiranse en puntos de encontro para que educadores ao servizo de “Oportunidades Galicia” poidan informar, formar e concienciar na reciclaxe a veciños, visitantes e turistas.
  • A campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama.
  • Carpas informativas, aulas móbiles e campamentos de verán constitúen os elementos de apoio dunha iniciativa que ten por obxecto incrementar as taxas de reciclado en Galicia, de acordo cos preceptos da economía circular.

A campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” regresa a unha decena de municipios da provincia de Ourense durante o mes de agosto e faino co obxectivo de aproveitar distintos eventos estivais (mercados, festas gastronómicas, feiras, etc) para seguir difundindo a súa mensaxe en favor da reciclaxe e formar á poboación nas boas prácticas para a consecución da mesma.

A través dun aula móbil, unha carpa informativa ou campamentos de verán, os educadores medioambientais ao servizo desta iniciativa poranse a disposición dos cidadáns para explicarlles os pormenores da xestión sostible do lixo urbano e como contribuír á mesma desde sinxelos xestos e hábitos vinculados á prevención e á redución, así como á reutilización e á recuperación de residuos mediante a correcta clasificación dos mesmos e posterior depósito nos contedores axeitados.

Neste sentido, e dada a confusión que aínda existe respecto ao destino de determinados materiais, deteranse en explicar que o recipiente amarelo acolle latas, briks e envases de plástico; que o azul resérvase para os envases de cartón e papel; que o iglú verde está deseñado para albergar botellas, frascos e tarros de vidro; e que o contedor verde convencional recepciona a fracción resto, da que se encarga Sogama nas súas instalacións de Cerceda, procedendo á valorización enerxética da mesma baixo unha operativa definida e deseñada desde a máxima sostibilidade.

Os monitores escoitarán aos veciños, turistas e visitantes das distintas localidades a fin de axudarlles a solventar as súas dúbidas e ampliar información, pretendendo que os dispositivos divulgativos de apoio se erixan igualmente en puntos de encontro para o intercambio de experiencias, observacións, opinións e comentarios.

Planning mes de agosto na provincia de Ourense

 

DataSoporteMunicipioUbicaciónHorario
Día 3Carpa informativaA TeixeiraPlaza Cardenal QuirogaDe 11:00 a 14:00
Día 4Campamento de veránEsgosPlaza del ConcelloDe 11:00 a 13:00
Día 4Carpa informativaVereaPlaza del ConcelloDe 10:00 a 13:00
Día 6Carpa informativaMelónPlaza del ConcelloDe 10:00 a 14:00
Día 6Carpa informativa (Festa do Pemento)ArnoiaCampo da festa (A Queixeira)De 10:30 a 15:00
Día 7Aula móvil (Festa do Pulpo)O CarballiñoPlaza MayorDe 16:00 a 20:00
Día 8Carpa informativaA BolaÁrea recreativaDe 16:00 a 19:00
Día 11Carpa informativaEntrimoFrente a la Casa de la CulturaDe 10:00 a 13:30
Día 20Carpa informativaQuintela de LeiradoZona de piscinasDe 16:00 a 20:00
Día 29Campamento de veránPereiro de AguiarCEIP Ben Cho SeiDe 10:00 a 14:00

 

 

Oportunidades Galicia é unha campaña itinerante dirixida pola Consellería de Medio ambiente e Ordenación do Territorio, na que colabora Ecoembes e Sogama, e cuxo obxectivo é incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade, conforme aos preceptos da economía circular.

A súa presenza en praias, centros educativos, centros comerciais, concellos, asociacións e eventos deportivos é habitual desde fai un ano, pretendendo chegar ao maior número de habitantes. De feito, a campaña xa logrou instruír e formar directamente a máis de 82.000 persoas.