Oportunidades Galicia estará presente na cuarta edición do Festival Mar de Mares
22/09/2017
O Centro Comercial Aberto de O Barco de Valdeorras e de O Carballiño súmanse á reciclaxe
26/09/2017

Éxito rotundo da Carreira “Corre pola Reciclaxe” celebrada onte en Ourense

  • A Carreira popular “Corre pola Reciclaxe” que tivo lugar onte na cidade de Ourense superou todas as expectativas e reuniu a máis de mil corredores. Á xornada acudiu numeroso público e  a campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, estivo presente á través dos seus elementos máis significativos: a aula móvil, o hinchable, o zeppelin. A eles uniuse a personalización do arco de meta co lema da Campaña.
  • Os educadores medioambientais aproveitaron para instruir a todo os os cidadáns interesados nas boas prácticas vinculadas á xestión sostible dos residuos domiciliarios, solventando numerosas dúbidas.
  • Para a ocasión, tamén se elaborou unha camiseta conmemorativa da carreira que se repartiu entre todos os corredores e tamén entre o público asistente.

A cidade de Ourense acolleu onte, 24 de setembro, a carreira popular “Corre pola reciclaxe”, unha cita á que acudiu a campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que promove e lidera a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Na cita participaron arredor de mil corredores, nunha xornada festiva que reuniu a afeccionados ao running e aos defensores do medio ambiente.

O evento, enmarcado no circuíto “Correndo por Ourense” e organizado pola Concellería de Deportes da capital das Burgas, transcorreu polo barrio de A Ponte. A boa climatoloxía fixo que fora moi numeroso o público que se achegou a disfrutar nunha cita na que deporte e reciclaxe foron os auténticos protagonistas.

 

Os 3 Erres, na liña de meta

A xornada, que arrincou ás 12:00 horas coa disputa de varias categorias (pitufos, infantil, alevín e absolutos), estivo amenizada por varios elementos divulgativos. É o caso da aula móbil, a través da cal educadores medioambientais especializados informaron e formaron aos interesados nas boas prácticas asociadas á xestión sostible dos residuos urbanos, proporcionándolles as instrucións necesarias para que poidan aplicar o principio dos tres erres con garantías: reducir a produción de lixo en orixe, a través de hábitos de consumo responsables; reutilizar ao máximo os produtos, alongando a súa vida útil; e separar os materiais por tipoloxías a fin de depositalos nos contedores específicos e propiciar así o seu posterior reciclado.

Ademais de todo isto, os máis pequenos disfrutaron co inchable da Campaña no que se reproducen os distintos tipos de contedores, contribuíndo desta forma a facelos máis visibles desde o xogo e a diversión.

Os corredores participantes no encontro foron obsequiados cunha camiseta conmemorativa da xornada e o resto dos cidadáns tamén levaron diverso material didáctico, divulgativo e de merchandising cuxo fin non é outro que axudar a interiorizar os conceptos da reciclaxe con maiores garantías.

Ademais, o arco de meta tamén chamou a atención de público e participantes, ao estar personalizado co nome do circuito e co lema da Campaña.

En definitiva, a I Carreira Corre pola Reciclaxe supuxo un rotundo éxito de público e corredores inscritos, contribuindo así a consolidar un pouco máis a concienciación medioambiental da cidadanía.