Os escolares, os que máis saben de reciclaxe
18/04/2017
A Merca, Castro Caldelas e Baltar involúcranse na reciclaxe
25/04/2017

Comezan as accións de Street Marketing de Oportunidades Galicia en Santiago de Compostela

  • A campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor, liderada pola Consellería de Medio Ambiente coa colaboración de Sogama e Ecoembes, chegou a Santiago co fin de promover entre a cidadanía boas prácticas ambientais
  • A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, a xerente de Ecoembes, Susana Revuelta e o presidente de Sogama, Javier Dominguez visitaron o tráiler expositivo instalado na Alameda ata o sábado 22 para informar, dunha forma lúdica-didáctica, sobre os hábitos que contribúen a alongar a vida dos produtos.
  • Educadores especializados resolverán as dúbidas dos asistentes sobre a separación axeitada dos residuos e organizarán distintas actividades co obxectivo de sensibilizar ao público sobre a necesidade de preservar o medio ambiente
  • Tras a súa parada en Santiago, o tráiler expositivo da campaña trasladarase a outras das principais cidades galegas, como son Ferrol, Ourense e Lugo.
As accións de street marketing da Campaña “Oportunidades Galicia” deron comezo hoxe en Santiago de Compostela e contaron, no seu acto inaugural con representantes das entidades organizadoras: a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, a xerente de Ecoembes, Susana Revuelta e o presidente de Sogama, Javier Domínguez. As autoridades puideron coñecer in situ os diferentes escenarios y actividades cos que conta este tipo de accións de street marketing dirixido a grandes cidades.
Así, a través dun trailer expositivo de 16 metros de largo, a cidadanía poderá informarse e coñecer da man de monitores medioambientais as claves dunha correcta separación de residuos.
Unha zona denominada “Encesta os teus residuos” habilitada con canastas servirá para poñer a proba os coñecementos sobre correcta separación de residuos así como á pericia da cidadanía que participe á hora de “encestar ditos residuos na canasta correcta”.
O espacio de street marketing completarase coa presencia dun gran circuito de “triciclos” e dun inchable para os máis cativos, así como o xogo xigante da reciclaxe.
Ademais das explicacións e aclaracións dispensadas polos monitores coas que resolver dúbidas e corrixir erros, os cidadáns poden participar en algunha destas actividades lúdico-didácticas previstas. O monólogo musicado de Celia Pía,que se celebrará todos os días ás 19:00 horas, baixo o título “A reciclada historia dos espíritos 3R e os desperdiciantes viláns”, tratará de concienciar ao público sobre a necesidade de preservar o medio ambiente e unha boa forma de facelo é a participación activa na recollida selectiva.

Igualmente, quen o desexe pode poñer a proba os seus coñecementos sobre a xestión sostible dos residuos domésticos, así como achegar as súas propostas sobre como minimizar a xeración do lixo e incrementar as taxas de reciclaxe e reutilización dos produtos.

A campaña itinerante estará en Ferrol, Ourense e Lugo

Tras a súa visita en Santiago de Compostela, o tráiler expositivo viaxará a outras das principais cidades galegas, como son Ferrol, Ourense e Lugo, onde se organizarán actividades semellantes e coa mesma fin. Cómpre salientar que a campaña de concienciación ambiental Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor, xa ten chegado a máis de 62.000 persoas desde a súa posta en marcha ata o pasado mes de marzo.

Esta iniciativa que lidera a Campaña de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración con Sogama e Ecoembes, implicou a realización de 1.500 accións, que van desde actividades nos areais galegos ata visitas a centros escolares, pasando por asociacións, eventos deportivos, e todo tipo de eventos organizados desde os concellos galegos.

A diversidade de actuacións, adaptadas a distintos perfís sociais, obedece á necesidade de chegar ao maior número de cidadáns para que entre todos, e desde a unidade, consíganse incrementar os índices de reciclaxe na nosa comunidade e senten os cimentos para avanzar cara a un modelo de desenvolvemento centrado na economía circular.

IMG_9756 IMG_9776 IMG_9790 IMG_9818 IMG_9842 IMG_9847