Os veciños de Bueu e Cerdedo coñecerán os pormenores da reciclaxe a través de “Oportunidades Galicia”
10/07/2017
Os bañistas das praias de Dumbría, Fisterra, Muros, Laracha e Camariñas serán formados na reciclaxe
13/07/2017

Carballedo, Begonte, Vilalba e Cervo recibirán en próximas datas a visita de Oportunidades Galicia

 

  • Educadores medioambientais ao servizo desta iniciativa desprazaranse mañá, día 13, a Carballedo, mentres que a Begonte  o farán o 14, a Vilalba  o 20 e a Cervo  o  día 26.
  • En todos os casos, os participantes nas distintas sesións informativas e formativas recibirán as nocións básicas para participar activamente na xestión sostible dos residuos domésticos e contribuír a incrementar os índices de reciclado na nosa comunidade.
  • A campaña, impulsada e coordinada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, conta co apoio de Ecoembes e Sogama.

 

Os concellos lucenses de Carballedo, Begonte, Vilalba e Cervo recibirán en próximas datas a visita da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, na que participa Ecoembes e Sogama, e cuxo obxectivo é informar, formar e concienciar á poboación sobre a necesidade de incrementar a súa achega ao reciclado como garantía de benestar e calidade de vida.

 

Planning

DÍALOCALIDADEACCIÓNEMPRAZAMENTOHORARIO
13CarballedoCampamento de veránPavillón municipalDe 12:00 a 14:00
13CarballedoCarpa informativaZona de feira (Avenida de Cea)De 10:00 a 12:00
14BegonteCarpa informativaClub FluvialDe 12:00 a 15:00
20VilalbaCampamento de veránRúa Guitiriz, 5, baixoDe 11:00 a 13:00
26CervoCampamento de veránPendente de concretarPendente de concretar

 

A través dunha carpa informativa, e mediante a participación en campamentos de verán, educadores ao servizo desta iniciativa intentarán espertar o interese de maiores e pequenos en torno á xestión sostible dos residuos domiciliarios, indicándolles as pautas a seguir para previr e reducir a súa xeración, pero tamén para alongar a súa vida útil mediante a  reutilización e para propiciar o seu reciclado, obxectivo só factible se previamente os refugallos foron  separados en orixe e depositados nos contedores correspondentes.

 

Punto de encontro

Todos os que estean presentes nestas citas terán a oportunidade de manifestar os seus comentarios, dar traslado das súas observacións e realizar todas as consultas que desexen a fin de que estas poidan ser solventadas ao momento polos monitores e, desta forma, queden subsanados os erros máis habituais.

Na maior parte das ocasións, as dúbidas adoitan concentrarse no contedor amarelo, destinado a albergar latas, briks e envases de plástico, nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios, polo que o destino de materiais tales como bolígrafos, enchufes, cables e xoguetes, entre outros, debe ser o contedor verde xenérico, xunto co residuo convencional.

As fraccións correspondentes á bolsa amarela e bolsa negra son xestionadas por Sogama. Respecto da primeira, unha vez que se recepciona  nas súas instalacións de Cerceda (A Coruña), esta é procesada nunha planta de clasificación, onde se separan os envases por tipo de material, utilizando para isto mecanismos tales como lectores ópticos, electroimáns, campás aspiradoras e correntes de Foucault. Unha vez seleccionados, son remitidos aos centros recicladores, onde se converten en novos produtos para ser reincorporados ao circuíto comercial.

En relación ao lixo en masa, e unha vez seleccionados os elementos susceptibles de ser reciclados (aceiro, aluminio e vidro), o resto convértese nun combustible derivado de residuos (CDR) que é valorizado nunha planta termoeléctrica, onde se produce enerxía limpa suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos.

Os participantes recibirán diverso material divulgativo e de merchandising, de gran utilidade no seu labor diario.