Os centros comerciais A Ramallosa de Nigrán e Gran Vía de Vigo acollen actividades de reciclaxe da man de “Oportunidades Galicia”
31/03/2017
Oportunidades Galicia viaxa aos concellos coruñeses de Vilarmaior, Ares e Camariñas
07/04/2017

Ampla cobertura da Campaña na provincia de Lugo durante o presente mes de abril

 

  • Impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, estará presente nos próximos días, con diferentes dispositivos divulgativos e orientándose a diferentes públicos, nos concellos de Chantada, Monforte, Lugo, Sober, O Vicedo, Quiroga e Foz.

 

  • En todos os casos, as actuacións previstas serán materializadas por educadores ambientais que explicarán aos cidadáns as fórmulas máis axeitadas para xestionar os residuos de forma sostible.

 

 

Cerceda, a 4 de abril de 2017.-  A campaña itinerante “Oportunidades Galicia: separemos ben, reciclaremos mellor” reforzará a súa presenza na provincia de Lugo durante este mes a fin de chegar coa súa mensaxe a diferentes colectivos sociais. O obxectivo non é outro que incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade e abandonar o caduco modelo lineal de producir-usar-tirar, avanzando cara a un circular no que cobra especial protagonismo a reutilización e o reciclado para minimizar o consumo exacerbado dos xa limitados recursos naturais.

 

CALENDARIO MES DE ABRIL

 

DATAMUNICIPIOACTIVIDADEUBICACIÓNHORARIO
Día 5ChantadaAula móbilPraza de GaliciaDe 10:00 a 13:30
Día 6Monforte  de LemosAula móbilParque dos CondesDe 11:00 a 19:00
Día 9Lugo-Carreira Circuíto “Corre con Nós ”Aula móbilAparcamento detrás de Anxo Carro (acceso ao Palomar)De 11:00 a 14:00
Día 12SoberCarpa informativaPraza do ConcelloDe 10:30 a 13:30.
Día 13O VicedoCarpa informativaRúa Cidade de MondoñedoDe 16:00 a 19.00
Día 14Quiroga-Carreira Feira do ViñoAula móbilPraza do ConcelloDe 15:30 a 19:00.
Día 15Foz-Centro Comercial AbertoStand De 10:30 a 14:30

 

En todos os casos, e con independencia do dispositivo divulgativo utilizado, educadores medioambientais trasladarán aos cidadáns as oportunas explicacións sobre as boas prácticas na xestión dos residuos, incidindo na necesidade de aplicar cada día o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar), e separar correctamente os materiais por tipoloxías, introducíndoos nos contedores axeitados a fin de propiciar o seu reciclado.

 

Estas accións representan unha oportunidade para que os cidadáns poidan despexar dúbidas e corrixir erros, contribuíndo con isto a que a súa achega ao sistema de recollida selectiva sexa eficiente e redunde en importantes beneficios para a comunidade, tanto ambientais como económicos e sociais.

 

Os que así o desexen tamén poden someterse a enquisas de coñecementos e satisfacción a través das cales teñen a oportunidade de trasladar os seus comentarios e observacións, así como compartir experiencias.

 

Todos os que se acheguen aos puntos informativos serán obsequiados con diverso material didáctico e de merchandising.

 

DIFERENTES PÚBLICOS

 

Oportunidades Galicia é unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama. Desde agosto de 2016 tivo presenza en praias, concellos, eventos deportivos, centros comerciais, centros educativos, asociacións, etc, e todo isto co fin de concienciar á poboación sobre a necesidade de facer fronte ao problema que supón a inxente cantidade de lixo producido cada día e despregar as ferramentas ao seu alcance para reducir a súa produción, aproveitar ao máximo os produtos e contribuír ao reciclado dos mesmos, unha vez convertidos en residuos.