A reciclaxe dáse cita no Parque Arenal de Cabanas
31/07/2017
A campaña educativa da reciclaxe regresa a unha decena de concellos ourensáns durante o mes de agosto
02/08/2017

A reciclaxe prosegue o seu percorrido na provincia de Lugo

 

  • A través dun aula móbil e unha carpa informativa, educadores ao servizo da campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” desprazaranse este mes por varios concellos lucenses a fin de informar á poboación sobre as vantaxes da reciclaxe e concienciala sobre a necesidade de contribuír á mesma.
  • Dirixida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a iniciativa conta co apoio de Ecoembes e Sogama.
  • Previr e reducir a xeración de residuos, incentivar a reutilización e propiciar o reciclado serán as principais mensaxes a transmitir nos distintos encontros que os monitores terán con veciños, visitantes e turistas.

 

Aproveitando distintos eventos estivais, a campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” regresa a varias localidades da provincia de Lugo para dar continuidade ao seu labor: informar, formar e sensibilizar aos cidadáns sobre a necesidade de contribuír en maior medida á reciclaxe e lograr os beneficios ambientais, económicos e sociais derivados do mesmo.

A través dun aula móbil e unha carpa informativa, educadores especializados explicarán á poboación as razóns polas cales os residuos constitúen hoxe un problema, como facer fronte ao mesmo e que hábitos, xestos ou comportamentos deben ser adoptados para que o lixo sexa xestionado correctamente e co mínimo impacto sobre o medio ambiente e a saúde.

O principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) estará presente en todos os escenarios de formación, incidindo na necesidade de previr e minimizar a produción de refugallos en orixe; como alongar a vida útil dos produtos a través da reutilización; e, moi importante, como segregalos, unha vez convertidos en residuos, e cales deben ser os seus contedores de destino para garantir o seu reciclado e posterior transformación en novas materias primas.

Establecerase así un diálogo aberto e fluído co público para que este poida complementar a súa información, consultar dúbidas e poñer de manifesto as súas opinións e observacións sobre o sistema de recollita selectiva.

Ademais, todos os que se acheguen aos puntos de formación, recibirán diverso material divulgativo e de merchandising que lles resultará de gran utilidade no día a día para poñer en práctica os consellos e recomendacións trasladadas polos monitores.

 

Planning agosto provincia de Lugo

 

DataLocalidadeDispositivoEmprazamentoHorario
Día 2RibadeoAula móbilParque San FranciscoDe 10:30 a 14:00
Día 12A PastorizaCarpa informativaPreto da praza (Bretoña)De 11:00 a 14:00
Día 16XoveCarpa informativaPraza do concelloDe 10:00 a 13:30
Día 22CospeitoCampamento RevoltosoAlbergue rural GarabullosDe 16:00 a 18:00
Día 26Guntín (Festa do pemento)Carpa informativaPendente ubicaciónPendente
Día 28TriacastelaCarpa informativaPraza da DeputaciónDe 10:30 a 13:30

Liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Oportunidades Galicia é unha campaña que pretende chegar á conciencia dos cidadáns para que estes se impliquen na consecución dunhas  maiores cotas de reciclado que, sen lugar a dúbidas, traerán consigo importantes vantaxes ambientais, económicas e sociais.