IMG_20170615_112113572
A Consellería de Medio Ambiente atopa na arte un instrumento para a transmisión de boas prácticas ambientais como a reciclaxe e o consumo responsable
15/06/2017
Entrega premio concurso escolar
A videocreación ‘Eu reciclo, e ti?’ incide na oportunidade de coidar o medio ambiente a través da reciclaxe e a separación en orixe
22/06/2017

A participación cidadá na Campaña Oportunidades Galicia supera as 77.500 persoas

IMG_0251

 

  • Desde agosto de 2016, esta iniciativa materializou 1.725 accións en toda a comunidade, que foron desenvolvidas en escenarios tan diversos como centros educativos, centros comerciais, asociacións, concellos e eventos deportivos, entre outros.
  • O pasado mes de maio saldouse con 55 citas e máis de 7.200 persoas atendidas de forma directa, cobrando especial relevancia as accións propias de Street Marketing desenvolvidas en grandes cidades como Ourense e Lugo, que recibiron a visita de 2.600 cidadáns.
  • Pola súa banda, o tráiler da reciclaxe viaxou a varios municipios pontevedreses de grandes dimensións tales como Marín, Nigrán, A Guarda, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Poio.
  • A campaña, liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, conta co apoio de Ecoembes e Sogama, sendo o seu principal obxectivo incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade.

 

Durante o pasado mes de maio, máis de 7.200 persoas participaron de forma directa na campaña “Oportunidades Galicia” e fixéronno a través de 55 accións desenvolvidas en diferentes escenarios tales como centros escolares, centros comerciais, concellos e eventos deportivos, entre outros. Así, e desde o comezo desta iniciativa, en agosto de 2016, son xa 77.554 os cidadáns que formaron parte activa da mesma e que foron destinatarios dalgunhas das 1.725 accións levadas a cabo durante este período.

 

Street Marketing, ao alza

 

Non obstante, de entre as diferentes actividades materializadas en maio, cabería apuntar especialmente as propias de Street Marketing celebradas en grandes cidades, como é o caso de Ourense e Lugo, nas que se incluíron diferentes ofertas para chegar a un público diverso e plural. É o caso da zona de lecer para todas as idades na que figuran distintos xogos como o de “Encesta os teus residuos”, o propio tráiler informativo, o xogo xigante da reciclaxe, un zeppelin, a zona específica de lecer infantil, que se nutre cun circuíto de triciclos e un inchable da propia campaña, así como un monólogo musicado con “A reciclada historia dos Espíritos 3R e os desperdiciantes villanos”.

De feito, foron máis de 2.600 as persoas que estiveron presentes nestas citas para tomar contacto coa xestión sostible dos residuos a través de  estratexias de información e formación combinadas coa diversión e o entretemento.

Noutros casos, acudiuse co tráiler expositivo a municipios de gran tamaño, como é o caso dos pontevedreses de Marín, Nigrán, A Guarda, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Poio, concentrando a participación de 1.173 veciños.

Tamén se deu continuidade á liña habitual de visitas a outros concellos de menores dimensións, empregando neste caso recursos tales como a aula móbil e a carpa informativa, que permitiron igualmente un contacto directo coa poboación para coñecer de primeira man as súas inquietudes e expectativas.

Tampouco faltaron os eventos deportivos, máis numerosos ás portas do verán, e a presenza en asociacións e centros escolares a través de charlas e outras actividades, sen esquecer as visitas ao complexo medioambiental de Sogama en Cerceda  (A Coruña)

En definitiva, distintos escenarios nos que educadores medioambientais ao servizo da campaña xogaron un papel fundamental ao promover o interese da cidadanía en torno aos residuos domiciliarios, establecendo con esta un diálogo fluído e próximo a través do cal se logra transmitir a información, a formación e o asesoramento axeitado para que as boas prácticas ambientais estean presentes na vida diaria das persoas e que o principio xerárquico dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) cheguen a asentarse nos hábitos cotiáns.

 

Os escolares, os máis aventaxados

Os usuarios da web nosa www.oportunidadesparareciclar.gal, continúan igualmente en liña ascendente, con máis de 4.100 visitantes e preto de 10.500 páxinas vistas, do mesmo xeito que as redes sociais en Facebook, Twitter e Instagram.

En canto ás dúbidas máis recorrentes mostradas polos usuarios, a maior parte refírense ao contedor amarelo ao vinculalo con todo tipo de plásticos cando este unicamente está deseñado para acoller envases de plástico,  latas e briks.

Non obstante, é o público infantil o que acreditou, e con creces, un maior coñecemento do sistema de recollida selectiva implantado en Galicia, constituíndo ademais un sector con gran influencia na educación ambiental da cidadanía en xeral.

Liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” é unha campaña creada con vocación formativa que ten como principal reto incrementar as taxas de reciclado en Galicia de cara a que a nosa comunidade estea preparada para cumprir cos ambiciosos obxectivos de reciclado e recuperación impostos por Europa  e que resultan imprescindibles para dar cumprimento aos preceptos propios da economía circular, abandonando o sistema lineal de usar e tirar, e transitando cara un circular no que se maximice a vida dos produtos e os residuos sexan convertidos en recursos.