IMG_9808
Comezan as accións de Street Marketing de Oportunidades Galicia en Santiago de Compostela
19/04/2017
13
Continúan as accións de Street Marketing desde mañá e ata o domingo en Ferrol
27/04/2017

A Merca, Castro Caldelas e Baltar involúcranse na reciclaxe

IMG-20170314-WA0004

 

• A carpa informativa da campaña “Oportunidades Galicia: Separamos ben, reciclaremos mellor”, que impulsa a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, viaxa mañá ao concello ourensán de A Merca, trasladándose posteriormente a Castro Caldelas (3 de maio) e Baltar (8 de maio).

• O obxectivo deste dispositivo divulgativo, que estará atendido por educadores medioambientais, non é outro que informar, formar e asesorar á poboación na correcta xestión dos residuos urbanos para que estes se convertan en recursos, de acordo cos preceptos da economía circular.

• Os veciños poderán consultar todas as súas dúbidas e ata dar traslado das súas observacións e comentarios sobre o actual sistema de xestión de refugallos, constituíndo unha magnífica ocasión para o intercambio de coñecementos e experiencias.

 

A carpa informativa da campaña autonómica “Oportunidades Galicia: Separemos ben, reciclaremos mellor”, trasladarase mañá, 26 de abril, ao concello de A Merca para informar, formar e asesorar aos veciños na área da reciclaxe, constituíndo un excelente recurso para que estes poidan consultar todas as súas dúbidas e ata trasladar os seus comentarios e observacións sobre o sistema de xestión de residuos urbanos instaurado en Galicia.

O dispositivo educativo, que estará atendido en todo momento por educadores especializados, ubicarase, entre as 10:00 e as 13:30 horas, na zona situada fronte á farmacia, desde onde darán resposta a todas as demandas veciñais a fin de que os cidadáns aprendan como reducir a xeración de lixo nos seus fogares, como aproveitar en maior medida os produtos adquiridos e como separalos axeitadamente, unha vez convertidos en refugallos, para introducilos nos contedores correspondentes e propiciar o seu posterior reciclado: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; e verde convencional, para a fracción resto, que Sogama pon en valor mediante a súa transformación en electricidade.

Os tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) convértense así no marco de referencia desta iniciativa, precisando con detalle o que debe e non debe ser introducido en cada contedor de cara a garantir a recuperación de materiais.
Mesmo modus operandi seguirase nos concellos de Castro Caldelas e Baltar. A carpa viaxará ao primeiro o próximo o 3 de maio e, ao segundo, o día 8 dese mesmo mes.

En todo caso, trátase dunha oportunidade para intercambiar coñecementos e experiencias en aras de incrementar as taxas de reciclado en Galicia, avanzando cara a unha xestión máis intelixente, eficaz e eficiente dos residuos, de acordo cos preceptos da economía circular, modelo de desenvolvemento ao que a nosa comunidade propúxose avanzar da man da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Promovida por este departamento autonómico, a campaña “Oportunidades Galicia” conta coa colaboración e o apoio de Ecoembes e Sogama.