Oportunidades Galicia intensificará en Ferrol as accións formativas en materia de reciclaxe coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente
01/06/2017
Oportunidades Galicia premia ao Concello máis reciclador
12/06/2017

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, gañadora do concurso artístico Obra de Arte con Materiais de Refugallo

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, situada en Santiago de Compostela, proclamouse vencedora do concurso concurso artístico Obra de Arte con Materiais de Refugallo, dirixido a estudantes de ensinanzas artísticas.

A obra titulada “90% reciclaxe, 10% imaxinado. A natureza recicla sempre: semente – vaina – froito”, realizada por unha alumna do centro santiagués, recibiu a maior puntuación por parte dos membros do xurado, resultando por tanto gañadora do certame convocado o pasado mes de febreiro no marco da campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor, que lidera a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e na que colaboran Ecoembes e Sogama.

O centro educativo recibirá un vale canxeable por importe de 800 euros para a adquisición de material didáctico, mentres que a autora da obra será galardoada cunha visita ao Museo Guggenheim de Bilbao ou ao Museo Reina Sofía de Madrid con estancia incluída de dúas noites de hotel.