06
As accións de Street Marketing da Campaña Oportunidades Galicia chegan este venres 12 de maio a Lugo
11/05/2017
Mos e Ponte Caldelas aúnan esforzos en aras dun maior reciclado
19/05/2017

A conselleira de Medio Ambiente visita en Abegondo o aula móbil da Campaña Oportunidades Galicia

Mato 02
  • Beatriz Mato destaca a necesidade de mentalizarse para producir menos refugallos e, unha vez producidos, reciclalos sempre.
  • Salienta que as accións individuais de nenos e maiores poden salvar o planeta e lembra que o coidado do medio ambiente é unha cadea entre xeracións.
  • A Conselleira de Medio Ambiente participou esta na actividade da campaña ‘Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor’ celebrada na Cidade Deportiva do R.C. Deportivo de La Coruña. Na súa visita estivo acompañada polo presidente do clube, Tino Fernández, e polo alcalde de Abegondo José Antonio Santiso.
  • Oportunidades Galicia é unha campaña posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, en colaboración con Ecoembes e Sogama, que xa é coñecida por máis de 70.000 persoas dende a súa posta en marcha dende case hai un ano.

Abegondo, 17 de maio de 2017

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asegurou esta mañá en Abegondo “que o mellor residuo é aquel que non se produce”, polo que invitou ao conxunto da sociedade á concienciarse da necesidade de producir menos refugallos e, no caso de producilos, reciclalos sempre.

Así o puxo de manifesto esta mañá durante a súa participación nunha das accións da campaña autonómica Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor, que esta mañá visitou a Cidade Deportiva do Deportivo da Coruña, con motivo do Día Mundial da Reciclaxe.

A conselleira enumerou unha serie de accións e xestos sinxelos que poden axudar a coidar o planeta, como reutilizar papel, pois cunha tonelada de papel recuperado evitase a tala de 24 árbores adultas; reciclar unha botella de plástico aforra a enerxía necesaria para manter unha lámpada acesa durante 6 horas, pola contra, tarda 450 anos en descompoñerse na natureza; ao igual que as latas, que tardan entre 250 e 500 anos en descompoñerse, mentres que unha soa lata pode facer funcionar un televisor durante 3 horas.

Tamén recordou que para facer desaparecer unha botella de vidro son necesarios máis de 5.000 anos se non se recicla, pola contra permite aforrar enerxía para manter acendida unha lámpada durante catro horas.

A conselleira de Medio Ambiente insistiu en que estamos ante acción sinxelas e que se poden materializar e realizar no día a día de xeito individual por grandes e pequenos, polo que “hoxe máis que nunca é evidente que o futuro do planeta está nas nosas mans”, e engadiu que o coidado do medio ambiente é unha cadea entre xeracións.

Neste eido, a conselleira apostou por “abandonar o sistema lineal de fabricar-usar e tirar” para transitar cara a un modelo circular no que se priorice o máximo aproveitamento dos produtos. Isto, dixo, constitúe unha prioridade para o Goberno galego, e en concreto para esta Consellería, pola imposibilidade de contar con recursos naturais suficientes cos que satisfacer as demandas dunha poboación mundial en continuo crecemento.

Separemos ben, reciclaremos mellor

A conselleira de Medio Ambiente recordou que hai case un ano o departamento que dirixe puxo en marcha a campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”. Trátase dunha iniciativa, en colaboración con Sogama e Ecoembes, que ofrece diversas actividades lúdico-didácticas postas en marcha en concellos de toda Galicia, centros educativos, centros comerciais, asociacións, eventos deportivos, etc. a través das cales persoal especializado forma e informa ao público sobre a correcta separación dos residuos domésticos e os hábitos e comportamentos que poden adoptar para incrementar as taxas de reciclaxe, prolongar a vida útil dos produtos e fomentar a economía circular.

Dende a súa posta en marcha, esta iniciativa xa ten achegado a máis de 70.000 persoas grazas a case 1.700 accións, percorreu 138 concellos, case 200 centros educativos e tamén centros comerciais, así como eventos deportivos, como o visitado esta mañá.

 

Mato 03

Abegondo. A Coruña A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, acompañada do presidente do R.C. Deportivo, Tino Fernández, fará unha visita aos participantes da campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor, na cidade deportiva do Deportivo da Coruña con motivo da conmemoración do Día Internacional da Reciclaxe (San Tirso de Mabegondo, Agra de Marces, s/n). 16/05/2017 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

05 03 07 28 25 21