O Centro Comercial Aberto de Carballo recibe a visita de Oportunidades Galicia
17/10/2017
A campaña autonómica da reciclaxe visita o concello de Ponteareas
20/10/2017

A carpa informativa da reciclaxe, mañá en Santiso

  • Situarase fronte ao centro escolar Arcediago, onde permanecerá a disposición da poboación entre as 11:00 e as 13:30 horas.
  • O día 20, a campaña chegará ao Centro Comercial Aberto de Melide.
  • Educadores especializados serán os encargados de explicar os pormenores e implicaciones da xestión sostible dos residuos urbanos, así como de resolver as dúbidas suscitadas polos veciños.
  • A economía circular ou, o que é o mesmo, a transformación de residuos en recursos, constituirá o epicentro da xornada.

 

A carpa informativa da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, chegará mañá ao concello de Santiso (A Coruña). Situarase fronte ao centro escolar Arcediago, onde permanecerá a disposición da poboación entre as 11:00 e as 13:30 horas.

Desde esta plataforma, educadores especializados informarán, formarán e instruirán aos visitantes sobre as bondades da reciclaxe desde a dimensión ambiental, económica e social, e darán traslado das recomendaciones e consellos máis relevantes sobre como xestionar os residuos dunha forma sostible: consumindo responsablemente, reducindo a produción de lixo, aproveitando ao máximo os produtos e separándoos por tipologías cando xa non teñan utilidade a fin de que cada fracción sexa depositada nos contenedores adecuados, que se atopan a disposición dos veciños nas vías públicas.

A economía circular constituirá o epicentro das explicacións, poñendo de relevo a necesidade de transitar desde un modo de vida lineal, caracterizado polas malas prácticas de usar e tirar, a un circular no que os residuos sexan transformados en recursos, facendo fincapé en conceptos tales como o ecodeseño, a cadea de valor dos produtos, a reparación e a redistribución, entre outros.

Manter os artigos no mercado o maior tempo posible, evitando o seu conversión en desechos, constitúe o principio rector da economía circular, que consiste na produción de bens e servizos co menor gasto de materias primas, enerxía e auga, sendo o vertido cero a súa máxima esixencia.

Con motivo da visita desta campaña, que está liderada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contando co apoio de Ecoembes e Sogama, os veciños terán ocasión de consultar as súas dúbidas e deixar constancia das súas observacións e comentarios na materia.

 

“Oportunidades Galicia”, en vigor desde fai máis dun ano, atendeu xa de forma directa a máis de 100.000 persoas, despregando para iso preto de 2.000 accións en diferentes contornas tales como concellos, centros escolares, centros comerciais, campamentos e eventos deportivos, entre outros.

O día 20, a campaña chegará ao Centro Comercial Aberto de Melide (Campo Praza de San Roque), onde os monitores atenderán ao público entre as 15:30 e as 18:30 horas.