Oportunidades Galicia regresa aos municipios ourensáns
02/10/2017
O Centro Comercial Aberto de Carballo recibe a visita de Oportunidades Galicia
17/10/2017

A campaña da reciclaxe chega a Lugo da man da Consellería de Medio Ambiente

  • Coincidindo coas Festas do San Froilán, a aula móbil de “Oportunidades Galicia” emprazarse o vindeiro venres, 6 de outubro, entre as 10.30 e as 14:00 horas, na confluencia entre Ronda da Muralla e Praza da Constitución.
  • Estará atendida en todo momento por educadores medioambientais, que explicarán aos visitantes as pautas que deben seguir para xestionar os residuos de forma intelixente e efectiva.
  • O obxectivo último desta iniciativa, apoiada por Ecoembes e Sogama e coa que se pretende tamén divulgar o modelo de economía circular, é incrementar as taxas de reciclaxe na nosa comunidade.

 

A aula móbil da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que lidera e coordina a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, chegará a Lugo, coincidindo coas Festas do San Froilán, o vindeiro venres, 6 de outubro.

O dispositivo emprazarase, entre as 10:30 e as 14:00 horas, na confluencia entre Ronda da Muralla e Praza da Constitución. Desde o mesmo, educadores medioambientais dirixiranse aos transeúntes para explicarlles os pasos a dar para xestionar os residuos de forma sostible e instruílos nas boas prácticas a aplicar cada día nos seus fogares, centros de traballo e espazos de lecer para previr e reducir a xeración de lixo, para alongar a vida útil dos produtos a través da reutilización e para separalos por tipoloxías a fin de que poidan ser reciclados.

Requisito indispensable neste proceso é que cada fracción de material se deposite no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; contedor específico para pilas; e recipiente verde convencional, para a parte non reciclable. Tamén se recordará a importancia que ten utilizar convenientemente os puntos limpos, destinados a acoller aqueles materiais que, dadas as súas particulares características (voluminosos, mobles, fluorescentes, aparellos eléctricos e electrónicos, aceites, etc) non poden ser depositados nos contedores dispostos nas vías públicas.

Falarase igualmente da autocompostaxe, toda vez que Lugo incorporouse no seu momento ao programa de compostaxe doméstica promovido por Sogama, tendo distribuído medio centenar de composteiros entre outras tantas familias. Con isto pretendíase impulsar a reciclaxe da materia orgánica nas vivendas unifamiliares que dispuxeran de horta ou xardín no que aplicar o abono resultante.

 

Criterio Multierre

Operativa desde fai máis dun ano, “Oportunidades Galicia” percorreu toda a xeografía galega co obxectivo de informar, formar e concienciar aos cidadáns sobre a importancia da reciclaxe e a necesidade de contribuír á mesmo dados os seus beneficios para o medio ambiente, a economía, a sociedade e a creación de emprego. Máis de 93.000 persoas participaron activamente nesta iniciativa, esperando que leven a cabo igualmente unha tarefa educativa na súa contorna máis inmediata.

Altas doses de pedagoxía imprimen unha campaña que ten como fin último incrementar as taxas de reciclado e promover a incorporación da sociedade galega á economía circular, onde os xa tradicionais tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) compleméntanse con outros tales como repensar os produtos, redeseñar, redistribuír, refabricar, reparar e recuperar. É o que se coñece como criterio Multierre, clave para avanzar cara a unha sociedade europea do reciclado e utilizar eficazmente os recursos.

Ademais de instruír, con esta campaña, apoiada por Ecoembes e Sogama, preténdese dar voz aos cidadáns para que mostren o seu parecer sobre o modelo maioritario de xestión de residuos implantado en Galicia, consulten as súas dúbidas e intercambien coñecementos e experiencias, promovendo unha maior aprendizaxe e unha cultura colaborativa.