O tráiler da reciclaxe circulará polas localidades pontevedresas de Marín, Poio, Nigrán, A Guarda, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa
19/05/2017
A Campaña “Oportunidades Galicia” formou a máis de 7.600 persoas durante o pasado mes de abril
30/05/2017

A aula móbil da reciclaxe chega ao Barco de Valdeorras co obxectivo de axudar aos seus veciños a reciclar máis e mellor

· Situarase o vindeiro domingo, 28 de maio, na Praza do Concello, en horario de 15:00 a 19:00 horas, para informar, formar e concienciar á poboación nas boas prácticas vinculadas á xestión sostible dos residuos urbanos. O inchable, no caso de facer mal tempo, ubicarase no pavillón municipal ubicado a carón da casa do concello.

· A aula móbil e o inchable estarán atendidos por educadores medioambientais que se encargarán de despexar as dúbidas presentadas polos cidadáns e asesorarlles respecto á necesidade de incorporar aos seus hábitos diarios o principio das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

· No mes de xuño, a campaña tamén terá visibilidade nos concellos de Sarreaus, Barbadás, Cartelle e San Cibrao dás Viñas.

A aula da reciclaxe e o inchable da campaña “Oportunidades Galicia” viaxarán a O Barco de Valdeorras (Ourense) para axudar aos seus veciños a reciclar máis e mellor. O vindeiro domingo, día 28 de maio, situarase no Praza do Concello e no pavillón municipal (o inchable) a fin de atender á poboación, entre as 15:00 e as 19:00 horas, e resolver todas as dúbidas que esta poida presentar de cara a mellorar os índices de reciclado no propio municipio e a nivel autonómico.

Así, con este dispositivo informativo, pedagóxico e lúdico que forma parte da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e na que colabora Ecoembes e Sogama, preténdese instruír e sensibilizar aos cidadáns na necesidade de levar a cabo unha xestión máis sostible dos desechos de cara a avanzar cara á economía circular e deixar atrás o caduco sistema lineal de usar e tirar.

MÁIS RECICLAXE, MENOS VERTIDO

A través da aula, atendida por educadores medioambientales, explicarase como xestionar os residuos dunha forma sostible e como incorporar aos hábitos diarios o principio das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe). Neste sentido, falarase da importancia de diminuír a xeración de lixo a través dun consumo responsable e de aproveitar ao máximo os produtos para que estes manteñan a súa utilidade durante un longo período de tempo, e, unha vez convertidos en residuos, como deben ser sergregados en orixe para propiciar o seu reciclado.

Así, especificarase que o contenedor amarelo debe albergar únicamente latas, briks e envases de plástico; que o azul se reserva para os envases de cartón e papel; que o iglú verde acolle envases de vidro; e que no verde convencional debe depositarse únicamente a fracción resto, que Sogama transforma no seu complexo medioambiental de Cerceda (A Coruña) en electricidade, evitando o seu vertido.

A aula constituirá tamén unha excelente ocasión para que os interesados amplíen información, consulten dúbidas e corrixan posibles erros. E o inchable fará as delicias dos máis pequenos.

Ademais, o que voluntariamente así o desexen, poderán someterse a enquisas de coñecementos e satisfacción nas que deixarán constancia dos seus comentarios e observacións sobre o sistema de recollida selectiva implantado na nosa comunidade.

Todos os que se acheguen ao aula serán gratificados con diverso material divulgativo e de merchandising.

No mes de xuño, a campaña tamén estará presente, cunha carpa informativa, no concello de Sarreaus (día 6, na zona de feira, entre as 10:30 e as 13:30 horas); en Barbadás, co aula móbil (día 8, na Valenzá, entre as 16:00 e as 20:00 horas); en Cartelle, de novo coa carpa (día 11, no centro ecuestre Nogueiró, entre as 11:00 e as 14:00 horas); e en San Cibrao dás Viñas, coa aula móbil (día 18).