20170411_111609
Oportunidades Galicia regresa ás rúas de Salvaterra do Miño
03/07/2017
Captura de pantalla 2017-07-04 a las 10.59.28
A Campaña Oportunidades Galicia regresa ás praias da provincia de Pontevedra para formar aos usuarios das mesmas na reciclaxe
04/07/2017

A reciclaxe toma forma nos campamentos de verán de San Cibrao das Viñas, Avión, Pereiro de Aguiar e Castro Caldelas

14212723_10153603378901503_6413274384414692731_n

 

  • Os educadores ao servizo da campaña autonómica “Oportunidades Galicia: Separemos ben, reciclaremos mellor”, que promove e coordina a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, impartirán charlas nos mesmos, que se acompañarán de xogos e talleres.
  • O obxectivo non é outro que instruír e formar aos usuarios nas boas prácticas ambientais en relación á correcta xestión dos residuos municipais e resolver as súas dúbidas.
  • Os destinatarios destes campamentos recibirán diverso material divulgativo e de merchandising para que os hábitos da reciclaxe se leven a cabo todo o ano.

 

A campaña autonómica “Oportunidades Galicia” faise un oco nos campamentos de verán promovidos polos concellos de San Cibrao dAs Viñas, Avión, Pereiro de Aguiar e Castro Caldelas.

Educadores especializados en residuos ao servizo da campaña autonómica da reciclaxe, que promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, desprazaranse en próximas datas a estas localidades ourensás para instruír aos usuarios nas boas prácticas ambientais relacionadas coa correcta xestión dos residuos municipais.

Así, mañá, día 4, trasladaranse a San Cibrao (Praza do Concello, en horario de 10:00 a 13:00), mentres que o 10 estarán en Avión, o 20 en Pereiro  de Aguiar e o 26 en Castro Caldelas. En todos os casos, co obxectivo de informar, formar e asesorar aos destinatarios en torno aos xestos e hábitos a despregar cada día para diminuír a produción de refugallos en orixe; para aproveitar ao máximo os produtos, promovendo a reutilización dos mesmos; e para separalos correctamente por tipos de material unha vez esgotada a súa vida útil, introducíndoos nos contedores correspondentes: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para envases de cartón e papel (nunca papel e cartón sucio e con restos de graxa, debendo eliminar previamente elementos accesorios tales como anelas, espirais e grapas); iglú verde, para botellas, tarros e frascos de vidro (sen tapas, tapóns ou cortizas, e nunca vidros especiais tales como restos de cristalerías, espellos e parabrisas de coches, entre outros); recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para a fracción resto, que Sogama converte en electricidade desde o máximo respecto medioambiental.

Ademais de impartir charlas, os monitores desenvolverán nos campamentos distintas actividades e talleres para nutrir e reforzar a información e as mensaxes de maior interese, poñéndose a disposición dos destinatarios para que poidan consultar todas as súas dúbidas.

Os participantes recibirán material divulgativo e de merchandising a fin de promover a súa sensibilización ambiental e que os bos consellos estean presentes durante todo o ano.

Impulsada e coordinada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama, sendo o seu principal obxectivo incrementar os índices de reciclado en Galicia e contribuír a alcanzar os beneficios propios da recuperación de residuos: menor consumo de materias primas e enerxía, máis aforro económico e máis protección ambiental.