Captura de pantalla 2017-03-23 a las 19.42.07
A Campaña “Oportunidades Galicia” formou a máis de 7.600 persoas durante o pasado mes de abril
30/05/2017
02
Oportunidades Galicia intensificará en Ferrol as accións formativas en materia de reciclaxe coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente
01/06/2017

A reciclaxe chega a Burela, Alfoz, O Páramo e O Corgo da man de Oportunidades Galicia

photo_2016-11-29_19-26-51

 

  • A campaña está promovida e dirixida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sendo o seu principal obxectivo incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade e avanzar cara un modelo de desenvolvemento definido pola economía circular.
  • A través dunha aula móbil e unha carpa informativa, equipos de educadores informarán, formarán, concienciarán e sensibilizarán aos cidadáns respecto da correcta xestión dos residuos urbanos e a necesidade de incorporar aos hábitos diarios o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).
  • Tamén resolverán todas as dúbidas que os usuarios poidan presentar e recollerán todas as achegas que estes queiran realizar para mellorar o sistema de recollida selectiva en Galicia.

“Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, a campaña que impulsa e dirixe a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio co obxectivo de incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade e avanzar cara os requisitos de desenvolvemento definidos pola economía circular, chegará en próximas datas aos municipios lucenses de Burela, Alfoz, O Páramo e O Corgo. E farao a través de actividades configuradas con distintos formatos e segundo o seguinte planning:

DÍA (XUÑO)MUNICIPIOACTIVIDADEEMPRAZAMENTOHORARIO
Día 2BurelaAula móbilPraza do Concello16:00 a 19:00
Día 7AlfozCarpa informativaPraza do Concello11:30 a 14:00
Día 7AlfozAsociación de MaioresCasa da Cultura10:30 a 11:30
Día 10O PáramoCarpa informativaCampo da Feira10:30 a 14:00
Día 13O CorgoCarpa informativaRecinto feiral ADAI10:30 a 14:00.

 

 

HÁBITOS CON R

O obxectivo das distintas accións é informar, formar, concienciar e sensibilizar a veciñanza sobre os hábitos e prácticas a aplicar cada día para contribuír a unha xestión máis sostible dos residuos.

Para isto, os educadores adscritos a esta iniciativa farán fincapé nas vantaxes do consumo responsable e na necesidade de planificar as compras de cara a adquirir o necesario e optar por produtos comercializados a granel, así como en envases e envoltorios sostibles que contribúan a protexer o medio ambiente.

Incidirase igualmente na importancia da reutilización e o máximo aproveitamento dos artigos para alongar a súa vida útil e concretaranse os materiais a depositar en cada un dos contedores de recollida selectiva a fin de evitar erros: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para a fracción resto, que Sogama xestiona nas súas instalacións de Cerceda, poñéndoa en valor mediante a súa transformación en electricidade, previa separación dos elementos reciclables contidos na mesma, como é o caso do aceiro, aluminio e vidro.

As dúbidas relativas ao sistema poderán ser despexadas nestes dispositivos informativos, que servirán tamén como punto de encontro para que os veciños poñan en común os seus coñecementos e intercambien experiencias que contribúan a enriquecer a súa bagaxe na materia.

Os que así o desexen, terán ocasión de participar en enquisas de satisfacción, voluntarias e anónimas, nas que deixarán constancia das súas impresións, observacións e comentarios relativos á xestión dos residuos nas súas respectivas localidades.