Oportunidades Galicia

Separemos ben. Reciclaremos mellor.

Esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Supón un paso adiante nas campañas postas en marcha desde o ano 2012. Convidamos a todos os galegos e galegas a achegarse ás múltiples actividades educativas e de ocio previstas en praias, concellos, centros educativos, espazos comerciais e eventos deportivos, entre outros ámbitos de actuación. Anímate e participa! É unha oportunidade de conservar o medioambiente. Recicla!!.

+ info

Síguenos nas redes